O monte de San Antón e a súa feira (I)
Fotografías de Marcos Folgueira https://www.altimetrias.net/aspbk/verPerfilusu.asp?id=2094 O cronista oficial de Betanzos, José Raimundo Núñez-Varela y Lendoiro, da conta no seu sitio web do establecemento dunha feira polos veciños do couto de Cela e Mántaras, no último tercio do século XVII, aproveitando a devoción popular pola ermida dedicada aos santos Cosme e Damián , situada no monte de San Antón, lugar dunha antigua necrópole , de xeito que os veciños do entorno e devotos doutras xurisdiccións acudían a ela en romaría, aproveitando para o trocoe e venta de gando no seu entorno tanto o día de San Marcos como os últimos domingos de cada mes. https://www.cronistadebetanzos.com/betanzos-grava-el-establecimiento-de-la-feria-de-san-anton-en-1688/ O establecemento de dita feira deu lugar a unha represalia por parte da cidade de Betanzos, que consideraba que se lle quitaba comercio e impostos, aumentando as alcabalas que tiñan que pagar os veciños de Cela e Mántaras de 170 a 3.6...