O Couto de Cela entrando o século XVI e os galegos nas guerras de Italia

Seguindo o libro "Historia documentada de Betanzos de los Caballeros. Siglos XV y XVII, José Raimundo Núñez-Varela Lendoiro, José Enrique Rivadulla Porta. 1984", o 26 de xuño de 1488, os Reis Católicos nomean rexedor da cidade de Betanzos, a Juan Núñez Pardo de Cela, irmán do finado Mariscal Pedro Pardo de Cela. A residencia principal dos señores do couto de Cela xa é nese momento Betanzos.

Este Juan Nuñez Pardo foi protagonista de varios preitos e incidentes con veciños da provincia, incluindo o episodio da morte en 1494 de Roy Freire de Andrade, outro dos rexedores de Betanzos, a máns de Lopo de Alvite, criado seu, que levou aos Reis a ordear prendelo como instigador do asasinato. Juan Núñez Pardo alegou que non soubera nada da morte do Andrade, ata que o alguacil veu á sua casa a prender aos culpables, onde se atopaba tranquilo dando de comer aos seus cans de caza.

Así as cousas, en 1499 os Reis Católicos seguramente decidiron empregar a belicosidade do Pardo en mellores empresas, nomeandoo Sota Capitán (lugarteniente de Capitán), e enviandoo a Nápoles a participar nas guerras de Italia.

Como fora que as finanzas públicas xa daquela deixaban que desexar, en 1503 Juan Núñez Pardo reclamou o pago dos seus salarios aos Reis, poñendo por testigos ao seu fillo Ares e o seu consogro Fernan Reymondez, tamén rexedores de Betanzos. Nesa reclamación atopamos unha descripción das propiedades e rendas que recibía:

"Cuando Juan Nuñez Pardo de Cela partio para la guerra de Nápoles en servicio de sus Altezas, tenía y poseía el Coto de Cela con sus 25 vasallos, heredades y casas, que todo ello podía dar de renta anualmente 12.000 maravedís, más el coto de la Maya con otros lugares a el anejos que en su total sumaban tambien 25 vasallos, que rentaban cada año 18.000 maravedís, mas la hacienda y bienes de Santisteban de Quintas, con sus viñas y heredades y sus casas que daban de renta cada año 20.000 maravedís, y unas Casas grandes y principales en la ciudad de Betanzos, donde solía vivir Juan Nuñez Pardo de Cela, con otra casa y bienes que rentarían 2.000 maravedís, más unas plazas en la ciudad de La Coruña que se vendieron después de su muerte por la cantidad de 85.000 maravedís [...]"

Temos pois que a principios do século XVII o couto de Cela contaba con 25 vasallos, e que non era a  posesión máis rendible para o seu señor.

Algún destes vasallos de Juan Nuñez Pardo, xentes aguerridas que pouco máis de trinta anos antes fixeran correr aos falcóns, puido participar nas guerras de Italia con éste, baixo as ordes de Fernando de Andrade, o vencedor da Batalla de Seminara en 1503. O principal continxente nesa batalla eran precisamente os peóns galegos que chamaron á atención de franceses e italianos.

Empavesados protexendo aos besteiros na Batalla de Higueruela. Fonte:Tercios de Flandes

Así o cronista francés Jean D'Outon: "Que quessoit, la furent Espaignolz au nombre de troys cens hommes d'armes, quatre cens genetaires et quatre mille hommes de pié, nommés galliegues, avecques haultz bonnetz, presque tous deschaulx, targuetes et pavoys en main"  (Que así foi, alá foron españois en número de trescentos homes de armas, catrocentos xinetes e catro mil peóns, chamados galegos, con altos gorros, case todos descalzos, con dardos e paveses)

Como vemos aos franceses chamáronlles a atención os altos gorros dos galegos, no que pode ser proba da antiguidade da monteira galega, e o seu armamento de paveses (grandes escudos) e dardos. Outros cronistas italianos, relacionábanos cos antiguos romanos ou os suizos polo xeito de combater protexidos cos seus grandes escudos e lanzas arroxadizas.

Empavesados lanzando os seus dardos na Batalla de Higueruela. Fonte:Tercios de Flandes


Seguindo a nota do blogue "Tercios de Flandes", no libro "Ejércitos y Armadas de los Reyes Católicos. p.421 y ss. y apéndice. Miguel Ángel Ladero Quesada" figura o reclutamento de peons de 1495: "Galicia: 3000 Peones con casquetes gallegos, espada, lanza terciada con hierro largo y sus paveses de Pontevedra, al mando de Don Carlos Enríquez de Cisneros y 10 caballeros."

Este Don Carlos Enríquez de Castro sería o sustituido posteriormente no seu cargo por Juan Nuñez Pardo de Cela en 1499.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

O Couto de Cela nos censos do século XVI e o pazo de Colloces.

Os Pardo e o couto de Cela (II). Os Pardo de Cela.

Os Pardo e o couto de Cela (III). A loita dos gorrións contra os falcóns.