Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Setembro, 2018

Os Pardo e o couto de Cela (III). A loita dos gorrións contra os falcóns.

Imaxe
No anterior apunte vimos como duas familias de cabaleiros, os Pardos e os Freires tiñan propiedades nos concellos de Monfero, Aranga e Irixoa. Ditas propiedades son poucas e dispersas polas doazóns e herdanzas, polo que para manter o seu estatus dependen dos mosteiros como Monfero e Sobrado, e dos ricos homes como os Condes de Traba e logo os Castro. A finais do século XIII, principios do XIV, os Freire van estender o seu ámbito á zona de Pontedeume, a partires de Lourenzo Freire e sobre todo o seu fillo, Joan Freire, que segundo o traballo de Xose Luis Lamigueiro , aparece como alcalde de Pontedeume no nome do rei nun documento de 1304 ”…o Concello da villa de ponte deume en hum con John Freyre alcayde delrey en esta villa ", así como encomendeiro do mosteiro de Caaveiro. Este Joan Freire sería o pai dos cabaleiros da Banda Nuño e Roi Freire, e o avó do famoso Fernán Pérez de Andrade "O Bóo", casado coa filla do tamén cabaleiro da Banda Aras Pardo. Foro de Benav

Os Pardo e o couto de Cela (II). Os Pardo de Cela.

Imaxe
Falábamos na anterior entrada dun Fernando Pérez chamado Pardo, como o primeiro a ser coñecido nos documentos  por este alcume.  Un descendente seu sería o Garçia Perez Pardo, casado cunha Mayor Eanes, da casa betanceira dos Eans Becerra que en 1372, no seu testamento, renuncia ás suas propiedades en San Tirso de Ambroa a favor do Mosteiro de Monfero. Un fillo seu, Aras Pardo, parece ser o que figura na primeira relación de cabaleiros da Orde da Banda en tempos do rei Afonso XI (1332). Nesa relación aparece dentro dos cabaleiros nomeados por Pedro Fernandez de Castro, a quen o rei dera licenza para armar outros cabaleiros.  A  Orde da Banda  foi unha orde militar fundada en 1332 por Afonso XI de Castela, co obxectivo de cimentar o seu poder sobre a nobreza, distinguindo a certos cabaleiros co privilexio de vestir coma el panos brancos cunha banda inicialmente carmesí.  Os seus membros debían ter un comportamento sen tacha e sobre todo ser leais ao rei. Entre os cabaleiros