Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Agosto, 2018

Os Pardo e o couto de Cela (I). Pero de Ambroa e María Balteira

Imaxe
Segundo o cronista oficial de Betanzos, José Raimundo Núñez Lendoiro, na súa obra “Historia Documentada de Betanzos de los Caballeros. Siglos XV y XVI”, a liñaxe dos Pardo é unha das principais da comarca das Mariñas. José Luís Lamigueiro, na sua obra “ Xenealoxía do Ortegal ”, presentános ao primeiro Pardo, un Fernando Pérez que nos documentos figura como “Fernandus Petri dictus Pardo” (Fernando Pérez chamado Pardo). Temos pois que Pardo é un alcume, posiblemente relacionado co significado que ainda recolle o dicionario da Real Academia Española: “Caballero pardo. 1. Caballero que, no siendo noble, alcanzaba privilegios el rey para no pechar y gozar  las preeminencias de hidalgo.” Este Fernando Pérez podería ser fillo de Pedro García de Ambroa. Os Ambroa eran cabaleiros relacionados cos mosteiros de Monfero e Xuvia, que aparecen en documentos do século XII e XIII, recibindo terras en empréstimo a cambio dos seus servizos. Os Ambroa estaban no círculo dos Trava,

Primeiras fontes

A primeira mención que atopamos referente a Mántaras no CODOLGA (Corpus Documentale Latinum Gallaeciae) aparece no famoso documento do ano 995 redactado por Pedro, bispo de Iria, que sería coñecido posteriormente como San Pedro de Mezonzo , sobre a reconstrución que fixo da igrexa de Santaia de Curtis, fundada polo seu pai Martiño Placencio, e destruída pola invasión normanda de Gunderedo no 968-970. Pedro era daquela abade de Sobrado. “ …. usquequo peccato pepediente uenerunt gentes lotimanorum in ipsam terram et uastauerunt sic ipsam ecclesiam, sicut et alias conuicinas eiusdem, sicut et sacerdotes sui captiuitate ducti et gladio trucidati sunt, ipsasque scripturas ipsius ecclesie de ignibus concremauerunt usquequo non remansit ibidem nisi petre ignibus ustulate remansit autem ab ipso incendio” “…a causa dos nosos pecados viñeron as xentes dos normandos á nosa terra e destruíron esta igrexa (Santaia de Curtis) e outras veciñas; os seus sacerdotes foron levados presos e pa