O Couto de Cela nos censos do século XVI e o pazo de Colloces.
O Arquivo do Reino de Galicia, n'A Coruña
Na anterior entrada víamos que a principios do século XVI o couto de Cela contaba con 25 vasalos, segundo a petición enviada por Juan Núñez Pardo aos Reis Católicos.
Segundo a "Historia documentada de Betanzos de los Caballeros. Siglos XV y XVII, José Raimundo Núñez-Varela Lendoiro, José Enrique Rivadulla Porta. 1984", citando o expediente 579-15 do Arquivo de Reino de Galicia, a mediados do século XVI, o couto de Cela contaba cos seguintes 36 vasalos, sen contar as mulleres viuvas.
- Diego de Otero. Mordomo de Juan Núñez Pardo de Cela.
- Juan do Figueiral
- Andres de Otero
- Gonzalo do Pereiro
- Juan Miguez
- Francisco Varela
- Diego de Morgade
- Gomez Tocon
- Marcos de Cela
- Lope Tocon
- Alonso Crespo
- Marcos Varela
- Diego de Cela
- Alonso Manso
- Alonso Martín
- Alonso Troeiro
- Francisco de Piñeiro
- Grabiel de Cagiao
- Bastian de Cagiao
- Alonso Pol
- Pedro Couseiro
- Francisco Couseiro
- Alonso Couseiro
- Faraldo
- Fernando de Regueiral
- Gomez do Camino
- Juan Dotero, el viejo
- Juan de Sangiao
- Vasco de Sangiao
- Pedro Dabella
- Alonso (roto)
- Lopo Fernandez
- Juan do Moiño
- Alonso da Graña
- Juan de Otero, el mozo
- Pedro de Otero
Máis que un aumento da poboación, é probable que a petición de 1503 se refirese a "casas", mentras que a relación de mediados do XVI proveña dun dos censos realizados no século XVI, posiblemente o de pecheros ordeado por Carlos I no 1528, figurando varios membros da mesma casa, como se comproba na coincidencia de apelidos, ou nas mencións "o vello" e "o mozo", reflexando irmáns, pais e fillos.
Así, se contamos os apelidos como indicativos das casas, temos 24 diferentes:
- Couseiro
- Crespo
- da Graña
- Dabella
- de Cagiao
- de Cela
- de Morgade
- de Otero
- de Piñeiro
- de Regueiral
- de Sangiao
- do Camino
- do Figueiral
- do Moiño
- do Pereiro
- Faraldo
- Fernandez
- Manso
- Martín
- Miguez
- Pol
- Tocón
- Troeiro
- Varela
No resto temos apelidos típicos da zona, ainda hoxe presentes como Couceiro, Crespo, Faraldo ou Varela. Tamén algúns patronímicos (Fernández, Martín, Míguez), e outros hoxe desaparecidos ou pouco habituais na zona, como Pol, Tocón ou Troeiro.
Segundo a descripción do couto, nel había nese momento unha devesa con moita landra para o mantemento do gando porcino. Tiña anexos os seguintes casais, o do Pazo de Cela, o casal de Eiroa "el cual tenía 20 ovejas parideras, 2 carneros buenos, 12 corderos machos, 13 piezas de vacas, 2 bois mansos de color pardo y otro vermello, 7 almallos y dos becerras de un año", o do lugar do Campo e o de Figueira.
O denominado Pazo de Cela entendo é o hoxe coñecido como de Colloces. A orixe da palabra "Colloces" pode estar relacionada coa expresión latina "praediorium colloces", as terras contiguas.
Do Pazo, Núñez-Varela Lendoiro afirma que ainda existen vestixios da sua capela, que conserva na portada "un frontispicio similar al de la puerta norte de Santa María del Azogue".
Na ficha do catálogo do Plan Xeral de Irixoa dise que "A casa de Cumbrados ou Pazo de Colloces é un conxunto formado por varias edificacións arredor dun patio central, dúas edificacións nobiliarias de distinta antiguedade e as súas dependencias anexas. A edificación principal posúe planta aproximadamente cuadrada e nela destaca un fermaso corredor de madeira na planta alta da fachada oeste. No costado norte, vivenda de caseiros apoiada. Na outra edificación, sen dúbida a mais antiga, destaca a falta de ocos nas fachadas e un fermoso oco para a porta principal de tipoloxía medieval, realizadoen boas pezas de cantería, na que unhas trabelladas impostas soportan un lintel con decoración xeométrica de lacerías. A parte das edificacións, o conxunto posúe un hórreo, o que poidera haber sido unha capel a e un pombal."
Na actualidade, a edificación máis antiga foi restaurada e atópase en venta. Segundo a descripción nun dos portales inmobiliarios nos que se anuncia: "En medio de una enorme finca cercana a las 4 Ha de superficie, se encuentra esta propiedad compuesta por dos grandes edificios. El primero es el antiguo pazo de piedra construido en el siglo XV, hoy con necesidades de rehabilitación, que cuenta con una superficie útil de 600 m2 aproximadamente, distribuidos en 3 plantas. Junto al pazo se encuentran las antiguas caballerizas, hoy reconvertidas en una espléndida vivienda de piedra de unos 240 m2 útiles distribuidos en 2 plantas, lista para ser ocupada.".
Comentarios
Publicar un comentario
Grazas!