Publicacións

Mostrando publicacións desta data: novembro, 2025

O monte de San Antón e a súa feira (I)

Imaxe
Fotografías de Marcos Folgueira https://www.altimetrias.net/aspbk/verPerfilusu.asp?id=2094 O cronista oficial de Betanzos, José Raimundo Núñez-Varela y Lendoiro, da conta no seu sitio web do establecemento dunha feira polos veciños do couto de Cela e Mántaras, no último tercio do século XVII, aproveitando a devoción popular pola ermida dedicada aos santos Cosme e Damián , situada no monte de San Antón, lugar dunha antigua necrópole , de xeito que os veciños do entorno e devotos doutras xurisdiccións acudían a ela en romaría, aproveitando para o trocoe e venta de gando no seu entorno tanto o día de San Marcos como os últimos domingos de cada mes. https://www.cronistadebetanzos.com/betanzos-grava-el-establecimiento-de-la-feria-de-san-anton-en-1688/ O establecemento de dita feira deu lugar a unha represalia por parte da cidade de Betanzos, que consideraba que se lle quitaba comercio e impostos, aumentando as alcabalas que tiñan que pagar os veciños de Cela e Mántaras de 170 a 3.6...

Mencións a Cela e Mántaras na documentación do Mosteiro de Monfero

Imaxe
No excelente traballo do finado José Luis López Sangil "SANTA MARÍA DE MONFERO EN SU DOCUMENTACIÓN (1088-1300)", editado pola Asociación Cultural de Estudios Históricos de Galicia atopamos as seguintes mencións a Cela e Mántaras: (https://www.estudioshistoricos.com/wp-content/uploads/2020/12/nalgures_xvi.pdf)  A foto do mosteiro é de Fermín Goiriz Díaz, obtida de https://pontedeumeturismo.es/santa-maria-de-monfero/ Menendus Petri (Menendo Pérez), chamado Bandel, miles (cabaleiro) de Mantares, testigo en 1170 da doación ao mosteiro de Monfero feita por Suerius Osorius das porcións no vilar que chaman Ecclesiola (Irixoa), na igrexa de Santa Eufemia e no vilar de Gulfar. O irmán Iohannes (Xoán) converso, diácono de Mántaras, testigo en 1237 da doación de Petrus Petri (Pedro Pérez) e a sua muller Maria Petri (María Pérez) ao mosteiro de Monfero de toda a sua parte na igrexa de Santa María de Verís. Pelagius (Paio) de Cela, cabaleiro, testigo en 1237 do pacto entro o most...