Os Pardo e o couto de Cela (III). A loita dos gorrións contra os falcóns.

No anterior apunte vimos como duas familias de cabaleiros, os Pardos e os Freires tiñan propiedades nos concellos de Monfero, Aranga e Irixoa. Ditas propiedades son poucas e dispersas polas doazóns e herdanzas, polo que para manter o seu estatus dependen dos mosteiros como Monfero e Sobrado, e dos ricos homes como os Condes de Traba e logo os Castro. A finais do século XIII, principios do XIV, os Freire van estender o seu ámbito á zona de Pontedeume, a partires de Lourenzo Freire e sobre todo o seu fillo, Joan Freire, que segundo o traballo de Xose Luis Lamigueiro , aparece como alcalde de Pontedeume no nome do rei nun documento de 1304 ”…o Concello da villa de ponte deume en hum con John Freyre alcayde delrey en esta villa ", así como encomendeiro do mosteiro de Caaveiro. Este Joan Freire sería o pai dos cabaleiros da Banda Nuño e Roi Freire, e o avó do famoso Fernán Pérez de Andrade "O Bóo", casado coa filla do tamén cabaleiro da Banda Aras Pardo. Foro de Benav...