Os Pardo e o couto de Cela (I). Pero de Ambroa e María Balteira
Segundo o cronista oficial de Betanzos, José Raimundo Núñez Lendoiro, na súa obra “Historia Documentada de Betanzos de los Caballeros. Siglos XV y XVI”, a liñaxe dos Pardo é unha das principais da comarca das Mariñas. José Luís Lamigueiro, na sua obra “ Xenealoxía do Ortegal ”, presentános ao primeiro Pardo, un Fernando Pérez que nos documentos figura como “Fernandus Petri dictus Pardo” (Fernando Pérez chamado Pardo). Temos pois que Pardo é un alcume, posiblemente relacionado co significado que ainda recolle o dicionario da Real Academia Española: “Caballero pardo. 1. Caballero que, no siendo noble, alcanzaba privilegios el rey para no pechar y gozar las preeminencias de hidalgo.” Este Fernando Pérez podería ser fillo de Pedro García de Ambroa. Os Ambroa eran cabaleiros relacionados cos mosteiros de Monfero e Xuvia, que aparecen en documentos do século XII e XIII, recibindo terras en empréstimo a cambio dos seus servizos. Os Ambroa estaban no círculo dos Tra...