Publicacións

O Couto de Cela nos censos do século XVI e o pazo de Colloces.

Imaxe
O Arquivo do Reino de Galicia, n'A Coruña Na anterior entrada víamos que a principios do século XVI o couto de Cela contaba con 25 vasalos, segundo a petición enviada por Juan Núñez Pardo aos Reis Católicos. Segundo a "Historia documentada de Betanzos de los Caballeros. Siglos XV y XVII, José Raimundo Núñez-Varela Lendoiro, José Enrique Rivadulla Porta. 1984", citando o expediente 579-15 do Arquivo de Reino de Galicia, a mediados do século XVI, o couto de Cela contaba cos seguintes 36 vasalos, sen contar as mulleres viuvas. Diego de Otero. Mordomo de Juan Núñez Pardo de Cela. Juan do Figueiral Andres de Otero Gonzalo do Pereiro Juan Miguez Francisco Varela Diego de Morgade Gomez Tocon Marcos de Cela Lope Tocon Alonso Crespo Marcos Varela Diego de Cela Alonso Manso Alonso Martín Alonso Troeiro Francisco de Piñeiro Grabiel de Cagiao Bastian de Cagiao Alonso Pol Pedro Couseiro Francisco Couseiro Alonso Couseiro Faraldo Fernando de Regueiral Gomez do Camino Juan Dotero, el vi

O Couto de Cela entrando o século XVI e os galegos nas guerras de Italia

Imaxe
Seguindo o libro "Historia documentada de Betanzos de los Caballeros. Siglos XV y XVII, José Raimundo Núñez-Varela Lendoiro, José Enrique Rivadulla Porta. 1984", o 26 de xuño de 1488, os Reis Católicos nomean rexedor da cidade de Betanzos, a Juan Núñez Pardo de Cela, irmán do finado Mariscal Pedro Pardo de Cela. A residencia principal dos señores do couto de Cela xa é nese momento Betanzos. Este Juan Nuñez Pardo foi protagonista de varios preitos e incidentes con veciños da provincia, incluindo o episodio da morte en 1494 de Roy Freire de Andrade, outro dos rexedores de Betanzos, a máns de Lopo de Alvite, criado seu, que levou aos Reis a ordear prendelo como instigador do asasinato. Juan Núñez Pardo alegou que non soubera nada da morte do Andrade, ata que o alguacil veu á sua casa a prender aos culpables, onde se atopaba tranquilo dando de comer aos seus cans de caza. Así as cousas, en 1499 os Reis Católicos seguramente decidiron empregar a belicosidade do Pardo en mellor

Os Pardo e o couto de Cela (III). A loita dos gorrións contra os falcóns.

Imaxe
No anterior apunte vimos como duas familias de cabaleiros, os Pardos e os Freires tiñan propiedades nos concellos de Monfero, Aranga e Irixoa. Ditas propiedades son poucas e dispersas polas doazóns e herdanzas, polo que para manter o seu estatus dependen dos mosteiros como Monfero e Sobrado, e dos ricos homes como os Condes de Traba e logo os Castro. A finais do século XIII, principios do XIV, os Freire van estender o seu ámbito á zona de Pontedeume, a partires de Lourenzo Freire e sobre todo o seu fillo, Joan Freire, que segundo o traballo de Xose Luis Lamigueiro , aparece como alcalde de Pontedeume no nome do rei nun documento de 1304 ”…o Concello da villa de ponte deume en hum con John Freyre alcayde delrey en esta villa ", así como encomendeiro do mosteiro de Caaveiro. Este Joan Freire sería o pai dos cabaleiros da Banda Nuño e Roi Freire, e o avó do famoso Fernán Pérez de Andrade "O Bóo", casado coa filla do tamén cabaleiro da Banda Aras Pardo. Foro de Benav

Os Pardo e o couto de Cela (II). Os Pardo de Cela.

Imaxe
Falábamos na anterior entrada dun Fernando Pérez chamado Pardo, como o primeiro a ser coñecido nos documentos  por este alcume.  Un descendente seu sería o Garçia Perez Pardo, casado cunha Mayor Eanes, da casa betanceira dos Eans Becerra que en 1372, no seu testamento, renuncia ás suas propiedades en San Tirso de Ambroa a favor do Mosteiro de Monfero. Un fillo seu, Aras Pardo, parece ser o que figura na primeira relación de cabaleiros da Orde da Banda en tempos do rei Afonso XI (1332). Nesa relación aparece dentro dos cabaleiros nomeados por Pedro Fernandez de Castro, a quen o rei dera licenza para armar outros cabaleiros.  A  Orde da Banda  foi unha orde militar fundada en 1332 por Afonso XI de Castela, co obxectivo de cimentar o seu poder sobre a nobreza, distinguindo a certos cabaleiros co privilexio de vestir coma el panos brancos cunha banda inicialmente carmesí.  Os seus membros debían ter un comportamento sen tacha e sobre todo ser leais ao rei. Entre os cabaleiros

Os Pardo e o couto de Cela (I). Pero de Ambroa e María Balteira

Imaxe
Segundo o cronista oficial de Betanzos, José Raimundo Núñez Lendoiro, na súa obra “Historia Documentada de Betanzos de los Caballeros. Siglos XV y XVI”, a liñaxe dos Pardo é unha das principais da comarca das Mariñas. José Luís Lamigueiro, na sua obra “ Xenealoxía do Ortegal ”, presentános ao primeiro Pardo, un Fernando Pérez que nos documentos figura como “Fernandus Petri dictus Pardo” (Fernando Pérez chamado Pardo). Temos pois que Pardo é un alcume, posiblemente relacionado co significado que ainda recolle o dicionario da Real Academia Española: “Caballero pardo. 1. Caballero que, no siendo noble, alcanzaba privilegios el rey para no pechar y gozar  las preeminencias de hidalgo.” Este Fernando Pérez podería ser fillo de Pedro García de Ambroa. Os Ambroa eran cabaleiros relacionados cos mosteiros de Monfero e Xuvia, que aparecen en documentos do século XII e XIII, recibindo terras en empréstimo a cambio dos seus servizos. Os Ambroa estaban no círculo dos Trava,

Primeiras fontes

A primeira mención que atopamos referente a Mántaras no CODOLGA (Corpus Documentale Latinum Gallaeciae) aparece no famoso documento do ano 995 redactado por Pedro, bispo de Iria, que sería coñecido posteriormente como San Pedro de Mezonzo , sobre a reconstrución que fixo da igrexa de Santaia de Curtis, fundada polo seu pai Martiño Placencio, e destruída pola invasión normanda de Gunderedo no 968-970. Pedro era daquela abade de Sobrado. “ …. usquequo peccato pepediente uenerunt gentes lotimanorum in ipsam terram et uastauerunt sic ipsam ecclesiam, sicut et alias conuicinas eiusdem, sicut et sacerdotes sui captiuitate ducti et gladio trucidati sunt, ipsasque scripturas ipsius ecclesie de ignibus concremauerunt usquequo non remansit ibidem nisi petre ignibus ustulate remansit autem ab ipso incendio” “…a causa dos nosos pecados viñeron as xentes dos normandos á nosa terra e destruíron esta igrexa (Santaia de Curtis) e outras veciñas; os seus sacerdotes foron levados presos e pa